A Xanela do Maxín
contacto volver a inicio

 

Obradoiro: Creación Literaria

 

 


Descrición: A importancia que pensamos que posúe o Obradoiro de Creación Literaria nos nenos e nas nenas, é algo ao que nos gusta aportar a nosa experiencia, facéndolles ver qué fácil é inventar e escribir contos, pero, sobre todo, pretendemos que entendan cómo traballar en grupo dunha forma ordenada e sendo respectuoso/a cos demais compañeiros/as.

Crearemos, así pois, un espazo onde poden nacer ideas orixinais e imaxinativas, chegando a crear historias que, lidas unhas semanas máis adiante non crerán nin que foron elaboradas por eles/as mesmos/as e descubrindo, desta maneira, habilidades e aptitudes que levan dentro e que con este tipo de actividades poderán ir descubrindo.

Ademais, utilizaremos un proxector para que en todo momento poidan ir vendo a historia que eles mesmos van creando sen que escribilo a man sexa imprescindible e podendo concentrarse ao máximo no proceso de creación.

- Duración:  50 min.

- Idades: Comprendidas entre 5 e 15 anos

- Nº máximo de nenos: Entre 20 e 30

creación literaria

Volver a Obradoiros »