A Xanela do Maxín
contacto volver a inicio

 

Obradoiro: Títeres e Algo Máis

 

 


Descrición: O que ofrecemos con este Curso de Títeres son catro propostas ben distintas, catro obradoiros dentro do mesmo, cos cales poidamos traballar cos máis xóvenes as diferentes partes que constitúen a montaxe dun espectáculo de monicreques que se poden realizar en conxunto nun mesmo proxecto, ou por separado.

- Dramaturxia: Que non pretende máis que ser unha introdución ao complexo mundo da creación literaria para teatro de títeres da forma máis sinxela e práctica.

- Manipulación: Neste apartado traballaremos cunha gran variedade de actividades, unha verdadeira gama de exercicios nos que resolveremos cuestións sobre manipulación, movemento e voz.

- Fabricación: Faremos que pintando e improvisando, inventando obxectos e personaxes, debatendo e escribindo, os nenos y nenas tomen conciencia das súas propias posibilidades expresivas e creativas, para, a continuación, traballar elaborando bosquexos e finalmente fabricar e construír todo o necesario para poñer na escena dunha función.

- Son e Iluminación: O que se pretende con isto é introducir ás nenas e nenos na elección, formación ou deseño, tanto de bandas sonoras como de iluminación teatral dunha maneira amena e sinxela.

Finalmente, en caso de realizarse tres destes catro obradoiros cabe a posibilidade de realizar un último apartado de 8 horas de maneira completamente gratuíta, no que, aplicando os coñecementos adquiridos, montaremos un espectáculo que incluso se pode representar ante o público unha vez rematado o curso.


Volver a Obradoiros »