A Caixa de Nuk

A Caixa de Nuk é unha apaixonante historia repleta de maxia, tenrura e amor, que non deixará indiferente a ninguén e que nos transportará ao mundo da natureza e dos seres elementais como trasgos, fadas e dragóns

Nesta obra, un trasgo chamado Nuk é enganado por unha malvada serpe que quere facerse coa caixa que pode cambiar o futuro dos trasgos e toda a humanidade. O noso protagonista, cego de amor, sucumbe aos enganos da serpe e veremos como non sempre son quen esperamos os que poden dar un xiro ás historias máis incribles.

Idades: dende os 3 anos

Duración: 45 min.