A Pequena Lúa

A Pequena Lúa trátase dunha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Nesta historia o noso protagonista, un gato viaxeiro, poeta, bohemio e moi chicharacheiro coñece á gatiña Lúa e xuntos, con cariño e comprensión descubrirán os segredos da vida. Aprenderán que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade.

Idades: dende os 5 anos

Duración: 50 min.