Os Libros do Titiriteiro

Os Libros Do Titiriteiro ou da Titiriteira é unha proposta na que se fomenta a lectura e que está adaptada a espazos reducidos, tales como bibliotecas ou pequenas salas.

Non se trata dun espectáculo de títeres común nin dun contacontos corrente, senón que mestura ambos conceptos. Grandes Libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.

E, aínda que nun primeiro momento poida parecer que é o titiriteiro o que vai a contar as historias… descubriremos que dos libros xurde outro tipo de vida… levándonos a un mundo que nos atrapará coa súa maxia.

Idades: dende os 3 anos

Duración: 35 min.