
|
Descrición: O Obradoiro Monicreques Reciclados está ideado ademais de con un claro fin lúdico, como un “guiño” ao consumo responsable, á creatividade e ao compañeirismo. Farémolo realizando uns títeres e monicreques sinxelos, artesanais, activos e educativos con material de desfeito. Fabricamos, así pois, títeres de todo tipo e moi sinxelos con botes, cartóns, xornais vellos..., é dicir, con elementos reutilizables presentes no entorno, empregando técnicas de creatividade, representación e expresión plástica. Desta maneira, conseguimos utilizar o tempo de lecer para levar á cabo actividades que, ademais de divertidas, son orixinais e creativas.
- Duración: Mínimo: 60 min. / Máximo: 240 min. - Idades: Comprendidas entre 3 e 12 anos - Nº máximo de nenos: Entre 15 e 30 (dependendo das idades). *Dispoñemos dunha opción para grupos abertos
Volver a Obradoiros » |