Creatividade Literaria

Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias dunha maneira activa e cooperativa e adaptadas ás idades dos participantes.

Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudarémonos dun proxector, a través do cal aparecerá por escrito todo aquilo que no momento se vaia creando coa imaxinación dos cativos. Desta maneira, poderán ir inventando e imaxinando a súa historia ao tempo que a ven proxectada con palabras.