Imaxinar tamén conta

A lectura é unha ferramenta básica para a educación integral das nenas e nenos e a utilización do imaxinario indispensable para poder fixar os conceptos extraídos da mesma. Neste obradoiro, mediante o xogo teatral, trataremos de estimular a función imaxinativa e creatividade lectora.

Empregamos diferentes ferramentas dramáticas para a mellora da capacidade da imaxinación das nenas e nenos co obxectivo de que a lectura (que é a transformación da palabra en imaxe) sexa un acto agradable e estimulante.

Está baseado nun estudo de que un dos parámetros do éxito na lectura é a capacidade de imaxinar das persoas lectoras.