A Paz no Peto

No peto podemos portar centos de cousas: panos, moedas, bonecos e incluso algún que outro pequeno libro, pero o que non se nos pode esquecer nunca é levar connosco tamén a paz, porque, aínda que pareza incrible a paz tamén cabe no peto, sexa grande ou pequeno, visible ou oculto, pero sempre, sempre debemos levala coma un tesouro moi pretiño de nós.

Por iso, neste espectáculo os títeres nos amosarán a mellor maneira de transportar, protexer e compartir a PAZ.

Contos Baseados en…

A Guerra das Campás, de Gianni Rodari

Meu Xeneral, de Pepe Torices

Os nenos estrela, popular de Papua, Nova Guinea

Idades: dende os 3 anos

Duración: 40 min.