En Busca da Arte

Unha visita teatralizada por exposicións e museos, iso é En Busca da Arte.

Nesta ocasión o noso protagonista «Joao Atopao», un explorador do máis particular, buscará a esa estraña especie en perigo de extinción: «A Arte», pero sempre coa axuda dun títere e, por suposto, dos nenos e nenas que recorran a exposición na que se produza dita búsqueda.

Foi visto por última vez no «espazo colección Caixanova», en Vigo. O misterio será saber a onde se dirixirá desta vez Joao Atopao, pero sexa onde sexa estades convidados a acompañar ao noso explorador na súa intensa búsqueda.