O Rei Destronado

O Porquiño Sisebuto (capaz de contar vinte trolas por minuto), na súa fuxida de Galicia por mor do San Martiño atópase co Ex Rei-León Pepote I O Boíño, ao que chimparan do trono por non saber ser malo. Aí é onde comeza esta divertida aventura.

O Porquiño é nomeado primeiro ministro de Pepote que para recuperar o seu trono deberá aprender a ser malo. E para poder ser malo necesitará coñecer aos máis malos entre os malos: Alí-Babá, o Pirata ou a Bruxa… pero o único que aprenderá é que as aparencias ás veces enganan e que a mellor forma de reinar é facelo para un mesmo.

Idades: A partir dos 3 anos

Duración: 55 min.