Só Lles Falta Falar

Aos cans só lles falta falar, iso é o que opinan os socios do clube que leva ese mesmo nome: “Só Lles falta Falar”. Un clube de cans de familia que nos abre os ollos respecto ao complexo mundo dos cans e nos axuda a entendelos e a comunicarnos con eles aínda que non teñan a capacidade de verbalizar.

Esta obra é un traballo conxunto entre a nosa compañía e o clube, na que a especialista en conducta animal Maria Sabell aporta a súa experiencia e coñecementos, dándonos as pautas dalgúns comportamentos entre cans e humanos que, ás veces, levan ao abandono e ao maltrato duns animais cuxa entrega e lealtade son incondicionais.

Idades: dende os 5 anos

Duración: 90 min.