Xograr e Medio

Xograr e Medio quere ser trobador pero anda un pouco despistado. A el gustaríalle ser coma Martín Códax, compoñer Cantigas e vivir coma un rei pero por agora ofrece a súa música, poesía e monicreques por prazas e feiras entretendo á xente e difundindo cantigas propias do seu tempo, iso si, enrevesándoas e facendo as súas propias versións. Deste xeito séntese Medio Trobador pero remata resultando risible e incluso grotesco.

Princesas, dragóns, feiticeiros… son personaxes da historia que Xograr e Medio nos contará cos seus títeres, acompañándoa de música e versos para encher a súa faltriqueira cas moedas e agasallos que os presentes teñan a ben entregarlle. Mágoa que coa crise que se está a vivir no Medioevo non soia ser moito o proveito que se saca deste oficio. Por fortuna, este Medio Trobador ama a súa arte e non abandonará no intento de facer felices a tódalas persoas que se crucen no seu camiño.

Idades: dende os 5 anos

Duración: 45 min.