Usamos cookies para asegurarnos de ofrecerche a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas empregando este sitio, asumimos que estás satisfeito con el.
Inicio »
Dende A Xanela do Maxín dámosvos a benvida a este curso con moitas novidades!
No seguinte dossier atoparedes as actividades que deseñamos especialmente para os centros escolares. Agardamos que vos resulte de utilidade. Podedes atopar máis información e contidos das mesmas na nosa web e tamén nas nosas redes sociais (@axaneladomaxin en instagram, facebook, twitter…)
Tamén podedes solicitar orzamento sen compromiso en comunicacion@axaneladomaxin.com
O NOSO DECÁLOGO EN CAMPAÑAS ESCOLARES
En A Xanela do Maxín tomámonos moi en serio o traballo en Centros Escolares. Non só se trata de levar as Artes Escénicas aos colexios, senón de garantir en todo momento calidade, respecto e profesionalidade.
1.- Todos os nosos espectáculos están escritos, dirixidos e representados por profesionais das Artes Escénicas.
2.- Debemos respecto e consideración ao noso público, en especial ao infantil. O trato en positivo, a escoita activa e a atención das necesidades son a base do noso traballo.
3.- Todas as actividades contan cun respaldo pedagóxico e dispoñen de Unidades Didácticas.
4.- O coidado da lingua e a calidade lingüística tamén son un punto fundamental para nós, ademais de facer fincapé nunha linguaxe inclusiva e non discriminatoria.
5.- Velamos por garantir a visibilidade e escoita de todo o público nos espazos de representación. Para iso resulta fundamental o compromiso dos centros seguindo as nosas recomendacións, que poden variar dunha actividade a outra. A compañía aporta todo o equipamento técnico preciso.
6.- Temos idades mínimas recomendadas. É importante telas en conta para garantir o éxito das actividades.
7.- A puntualidade e o cumprimento dos horarios forman parte do noso compromiso.
8.- En caso de precisar información ou resolver dúbidas, estamos dispoñibles a través de teléfono (tamén whatsapp) ou mail, garantindo unha resposta en menos de 72 horas.
9.- Para nós son moi importantes a opinión e valoracións tanto do alumnado como do profesorado, motivo polo cal tralas representacións se facilita unha enquisa de satisfacción, que estudamos e valoramos para unha continua e constante mellora e perfeccionamento.
10.- Finalmente, despois das representacións emitirase a factura correspondente ás mesmas, nos termos que dita a lei.
WEBSERIE TOUPICIENCIA
E para que poidades gozar dos episodios da Toupiciencia, aí vai a ligazón aos 8 episodios!!!
GUINDASTRE EDICIÓNS
Podedes ver todos os nosos títulos en: https://guindastre.gal/
O CLUB DA TOUPI
Tamén podedes pasar a formar parte de O Club da Toupi, asociándovos para poder acceder a xogos e contidos: https://oclubdatoupi.gal/