A Galiña dos ovos de ouro

A galiña dos ovos de ouro está cuberta de follas de castiñeiro e ten unha altura de máis de dous metros, pasea polas rúas da vila e reparte grandes ovos de ouro bailando ao ritmo da muiñeira.

O malabarista vai apañando os ovos para regalalos á súa audiencia máis cativa. Nenas e nenos que gardarán ese fermoso recordo nas súas memorias por moito, moito tempo.

Un espectáculo insólito con música e malabares para toda a familia que non deixa indiferente a ninguén.

Idades: público familiar

Duración: 45 min.