A Viaxe de Saira

A Viaxe de Saira é unha producción conxunta de A Xanela do Maxín  e a Fundación Galicia Sustentable cofinanciada coa liña de Axudas de «O teu Xacobeo».

A Viaxe de Saira nace coa idea de levar á escena un espectáculo de teatro musical participativo, dirixido a un público infantil e familiar con ambientación medieval e relacionado co camiño de Santiago.
Na proposta aúnanse diferentes recursos (musicais, plásticos, lingüísticos e corporais) nun ambicioso proxecto, onde a idea da innovación artística nos alenta a unha constante investigación para un teatro con espazo para distintos estilos escénicos.

Trátase dunha montaxe escénica de ambientación medieval sobre o Camiño de Santiago desde Francia a Compostela na que se conta a historia de Saira, unha rapaza francesa que viaxa a Galicia para curar o corazón de pedra da súa familia. A viaxe faina xunto con unha gárgola máxica destinada á Catedral de Compostela. Unha viaxe que da comezo en Saint Jean Pied de Port e remata en Santiago, con lendas e personaxes propios do camiño e na que destaca o carácter que imprime Galicia dentro do mesmo: máscaras do entroido, danzas, gastronomía e música propia que viaxan por Europa ao longo da Historia.

Elenco: Celtia Figueiras, Borja Ínsua e Topo Vidall

Músicos: Lois Prado e Caetano Amenábar