Cinco historias xeométricas

De cada lugar visitado se trae un algo, un recodo… e de cada recordo a lembranza dunha historia tan certa como real. E dunha viaxe na que se coñecen diferentes novos lugares, non só se traen moitas historias e máis recordos, senon que con eles se pode construír un ser imaxinario, especial e máxico.

Un espectáculo único e orixinal de teatro de obxectos con malabares no que os aros da Comarca Orbicular, as bólas do país Chouto, os triángulos de Equilátera ou os habitantes de Voadora teñen encontros e desencontros entre si.

 

Idades: público familiar

Duración: 45 min.