A Gárgola do Mestre Mateo é unha versión da nosa obra “A VIAXE DE SAIRA“, dentro dun proxecto social con base na cultura e a tradición propias. Nel achégase ao público familiar ao teatro a través do vínculo coa música tradicional, nun espectáculo profesional multidisciplinar
.
Buscamos con esta proposta fomentar a significación directa da propia comunidade, facendo partícipes do espectáculo aos membros da agrupación de música tradicional e folclore local, provocando e facilitando a participación activa no mesmo.
As entidades participan coas súas danzas e música, pero tamén cos traxes tradicionais, convertendo este espectáculo, ao mesmo tempo, nun escaparate que dignifica e pon en valor a riqueza de tecidos, traxes, bordados, encaixes e adobíos; imprescindible patrimonio material e etnográfico galego.
Achegar, en definitiva, ao público familiar ao teatro a través do vínculo coa música tradicional, e unindo o tecido social ao transformar á veciñanza en protagonista activa e non só en receptora da actividade.
Con este proxecto, iniciado en setembro do 2020, estivemos en Aríns coa agrupación folclórica Coto da Nai, na Peregrina co grupo Novo Río Sarela, en Laraño cos Armadanzas, e tamén en Arzúa, Palas de Rei, Sarria… cunha gran acollida e colaboración activa por parte da veciñanza. No 2021 visitamos Toques xunto coa agrupación O Balado, Arteixo coa agrupación Xiradela, Noia coa agrupación do Liceo, Ribeira coa agrupación Tahúme e Rianxo coa agrupación Fogo Fatuo.
Vídeo teaser da obra “A VIAXE DE SAIRA”, espectáculo no que se basea o proxecto sociocultural da “GÁRGOLA DO MESTRE MATEO”
Elenco
Celtia Figueiras: Saira
Borja Ínsua: Titiriteiro e actor
Topo Vidal: Manipulación gárgola e actor
Música e baile
Agrupación folclórica
Dirección de actores
Topo Vidal
Dirección de títeres
Borja Ínsua
Asesor musical
Pablo Pérez Sanmamed
Composición de Espazo Sonoro
Lois Prado
Escenografía e construcción títeres
Producións teatrais Alakrán
Robótica Gárgola
Carlos Torres
Deseño de iluminación
Octavio Más
Técnico de Son
Mauricio Caruso
Coordinación
Celtia Figueiras
Topo Vidal
Unha coprodución de
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Cofinanciada por
![]() |
![]() |