quen lle fixera aquilo na cabeza
A toupiña que quería…
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.
Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.
Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena
Idades: Dende os 2 anos
Duración: 45 min.
Idioma: Galego
Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas. Fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo. Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma. Aparecen valores como a valentía, o respecto ou a cooperación.
.
BASEADA NO LIBRO:
.
Elenco:
Actriz e titiriteira: Celtia Figueiras
Titiriteiro: Topo Vidal
Músico e efectos: Vadim Yucknevich
Autor: Werner Holzwarth
Adaptación e dirección: Celtia Figueiras
Codirector: Topo Vidal
Monicreques: Marcelo Fernández
Onde estivo A Toupiña?
Este espectáculo foi estreado no Teatro Escena de Compostela o 18 de marzo do 2019 e dende entón non parou de xirar por Galicia, enchendo teatros e abraiando a nenas e maiores. Entre outros visitou os auditorios de A Fábrica de Oleiros, de Goián en Tomiño, a Sala Ártika de Vigo, o Teatro do Andamio, o Centro Ágora da Coruña, a Illa de Arousa, San Cibrao das Viñas, As Neves, o Galicreques, Vimianzo, Carral, Arteixo, Narón, Coirós, A Estrada, Cee, A Pobra, Brión, Cambados, Burela, A Pobra do Caramiñal, Padrón, Sarria, Ourense…