Unha produción conxunta de A Xanela do Maxín, a Fundación Galicia Sustentable, Alakrán e Ribeirart cofinanciada coa liña de Axudas de «O teu Xacobeo».
Unha viaxe desde Francia a Compostela polo Camiño de Santiago na que Saira, unha rapaza francesa fai o camiño a Galicia para curar o corazón de pedra da súa familia.
A viaxe faina xunto con unha gárgola máxica destinada á Catedral de Compostela, por encargo do seu avó. Debe ser entregada ao Mestre Mateo. Unha viaxe que da comezo en Saint Jean Pied de Port e remata en Santiago, con lendas e personaxes propios do camiño e na que destaca o carácter que imprime Galicia dentro do mesmo: danzas, gastronomía e música propia que viaxan por Europa ao longo da Historia.
Saira vai descubrindo polo Camiño a gran riqueza artística e humana que se está a consolidar en esa época. Ambientada no S.XII por ser coñecida como a época de ouro das peregrinacións e momento no que Santiago se consolida como centro de peregrinacións internacional.
A Viaxe de Saira foi estreada en San Domingos de Bonaval (Compostela) o 18 de Xullo do 2020
A Viaxe de Saira e A Gárgola do Mestre Mateo
Un proxecto social dentro dun espectáculo de teatro profesional. Iso é o que é «A Gárgola do Mestre Mateo» de «A Viaxe de Saira». Un espectáculo multidisciplinar, con base na cultura e a tradición propias e no que se achega ao público familiar ao teatro, a través do vínculo coa música tradicional.
Buscamos, ademais, fomentar a significación directa da propia comunidade, facendo partícipes do espectáculo aos membros da agrupación de música tradicional e folclore local, provocando e facilitando a participación activa no mesmo.
As entidades participan coas súas danzas e música, pero tamén cos traxes tradicionais, convertendo este espectáculo, ao mesmo tempo, nun escaparate que dignifica e pon en valor a riqueza de tecidos, traxes, bordados, encaixes e adobíos; imprescindible patrimonio material e etnográfico galego.
Achegar, en definitiva, ao público familiar ao teatro a través do vínculo coa música tradicional e unindo o tecido social ao transformar á veciñanza en protagonista activa e non só en receptora da actividade.
Elenco
Celtia Figueiras: Saira
Borja Ínsua: Titiriteiro e actor
Topo Vidal: Manipulación gárgola e actor
Músicos
Lois Prado
Caetano Amenábar / Sara Malvido
ou:
Agrupación folclórica (opción sociocultural)
Dirección de actores
Topo Vidal
Dirección de títeres
Borja Ínsua
Asesor musical
Pablo Pérez Sanmamed
Composición de Espazo Sonoro
Lois Prado
Escenografía e construcción títeres
Producións teatrais Alakrán
Robótica Gárgola
Carlos Torres
Deseño de iluminación
Octavio Más
Técnico de Son
Rafael Iglesias
Coordinación
Xaime Garaboa
Celtia Figueiras
Marta Bouzada
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
Fundación Galicia Sustentable
![]() |
![]() |