As Aventuras de Gale

As Aventuras de Gale é un espectáculo de monicreques con música en vivo e no que a Lingua Galega, en forma de Gale, conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia, para que lle axuden a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.

Unha historia chea de aventuras e desventuras, que nos axudarán a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego.

Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento, e por iso mesmo precisa da nosa axuda.

Idades: Dende os 6 anos

Duración: 55 min.

Levamos á escena a obra de Pepe Carreiro “Historia da lingua galega, do latín ao acento de Burgos”, na que, dun xeito breve, conciso e moi crítico, se fai unha viaxe a través de toda a historia da lingua galega ata chegar á actualidade.

Nesta adaptación teatral creamos a Gale (a Lingua Galega personificada). Un personaxe conmovedor, fantástico, que simpatiza co público e o sorprenderá utilizando os seus “superpoderes”.

.

Ficha Artística

Dirección, actriz e titiriteira: Celtia Figueiras

Acordeón: Vadim Yukhnevich

Guitarra e frauta: Mauricio Caruso

Iluminación: Fernando Martínez de Vega

Texto: Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séchu Sende

.

Onde estivo Gale?

Este espectáculo preestreouse IES Fontexería de Muros. A estrea tivo lugar no Teatro Principal de Compostela, o 8 de abril do 2017.

No 2018 no Participou nos FIT Redondela, no Galicreques e na Mostra de Teatro de Rois, entre outros. No ano da estrea, foi un éxito de público no Teatro Colón da Coruña, e en campaña escolar visitou os: CEIP Ramón de Artaza y Malvarez, CEIP San Pedro de Visma, IES de Monelos, IES Monte Castelo, etc.

Gale tamén pasou polos Teatros e Centros Culturais de Burela, Monforte, Bertamiráns, Vimianzo, Santiago de Compostela, A Rúa de Valdeorras, Carballo, Mugardos, Rianxo, A Cañiza…

agadic xunta. as aventuras de gale