Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e as súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións.
COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura.
O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor.
COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.
COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe…
A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos.
COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa.
COLIÑO somos moitas e moitos.
Idades: De 0 a 3 anos Duración: 40 min.
A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.
VALORACIÓNS DO ESPECTÁCULO POR PARTE DO PÚBLICO
“Perfecta. Todo moi ben adaptado as idades e o publico. Moi bo e interesante, definitivamente recomendable para repetir”
“Obra orixinar e cautivadora. Moi recomendable. Para repetir”
“Foi todo xenia. Sensorialmente espectacular. Moi orixinal”
“Interactiva. Divertida”
“Moi bo espectáculo para introducir ás pequenas nas artes escénicas”
“Bonita e moi ben adaptada ás idades dos nenos”
“Encantadora”
“Moi amena e sensorial”
“Unha función orixinal, moi “vistosa” e entretenida”
“Un espectáculo sinxelo moi atractivo para a primeira infancia! Grazas por facernos partícipes da vosa maxia! Moitas cores. Moitos sons.”
“Estimulante e estretida. O meu fillo ten 7 meses e estivo pendente do espectáculo o 100% do tempo , co que solo daros a noraboa”
“Colorida, fascinante e chea de dulzura. É fascinante ver como un pequecho de nin sequera 7 meses, que non para quieto en todo o día se queda absorto, completamente embelesado coas cores a música e unha posta en escena que transmite paz, frescura e alegría. Só darvos os parabéns polo vóso bo facer. Foi unha experiencia moi positiva, tanto para os pequerrechos como para os pais”
“Me gustó mucho, acorde para los nenos. La escenografía excelente y los temas muy buenos”
“Moi dinámica e moi ben adaptada ao público neste caso os bebés”
“Noraboa pola obra, á nosa cativa de 3 meses encantoulle, estaba toda atenta e non perdía detalle. Entretida e relaxante”
“Nos gustó mucho la cercanía con la que nos recibieron y trataron los artista desde antes del inicio del espectáculo hasta su final.”
“Moi doce e abrazadora. A posta en escena é moi boa”
“Foi unha actuación musical moi boa, moi entretida e axeitada para a idade do noso neno (1 ano). Moi boa obra e unha boa forma de pasar un domingo diferente. Grazas!!”
“Relaxada, cercana, adecuada para as crianzas. Gracias polo voso traballo!”
“Moi atractiva por captar a atención dos rapaces de xeito tranquilo. Voltaremos”
“Dinámica, sorprendente. Noraboa pola obra”
“Fue perfecto. Espectacular. Precioso y conmovedor”
“Chamativa e sorprendente. Gustounos moito e era perfecta para as idades ás que estaba destinada. Os nen@s mantiveron ben a atención.”
,
Todas estas valoracións foron recollidas polo público que asistiu ás funcións de COLIÑO. Se ti tamén queres deixar a túa valoración podes facelo a través da seguinte ligazón: