Leonardo e os Biosbardos

Baseada no conto “OS BIOSBARDOS” de Eduardo Blanco Amor, editado por Galaxia Edicións.

Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.

Entretanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.

A través do acoso e introdúcese a temática da diversidade e tamén a superación dos medos, racionais e irracionais. Non renderse, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas como un medio para favorecer a educación integral das persoas.

A solidariedade, o ecoloxismo, a integración, a vida na natureza ou o despoboamento do rural son outras das temáticas que se tratan nesta obra.

Idades: Dende os 6 anos.

Duración: 50 min.

Dirección

Celtia Figueiras

Topo Vidal

Autoría do conto orixinal

Eduardo Blanco Amor

Adaptación teatral

Xosé Breijo “Topo”

Intérpretes

Celtia Figueiras

Mario Rodríguez

Topo Vidal

Iluminación

Octavio Más

Espazo Sonoro

Vadim Yukhnevich

Deseños

Julia Abal

Isaac Sucasas

Construción de monicreques e escenografía

Isaac Sucasas

Julia Abal

Celtia Figueiras

Borja Ínsua

Topo Vidal

Produción e distribución

A Xanela do Maxín

Colabora

Editorial Galaxia