SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
Valoracións da actividade
“Necesaria, enriquecedora, divertida, interactiva, formidable”– CEIP Xuvencos (Boborás)
“Divertida e culturalmente interesante. Poñendo en valor as tradicións dun xeito lúdico. Moi xeitosa e interesante. Preguntei ao profesorado que estivo e todos e todas dixeron que tivo a duración ideal, interesante, divertida, didáctica e que mantivo a atención do alumnado ( e do profesorado!) de principio a fin”
“Estupenda. Gustoume moito o feito de que o actor (Lois) tocase o punteiro, gaita, pandereta, lata…en directo. É moi importante en relación ao alumnado (e profesorado) e non ocorre en moitas actuacións escénicas. Tamén a interpretación de Lois e o guión. Parabéns e grazas!!!” – CEIP Xuvencos (Boborás)
“Super ben, encantoume. Vaille moi ben ó alumnado a todos os niveis, aprenden e desfrutan”
“Motivante, lúdica e tradicional” – CEIP Monseivane (Vilalba)
“Moi boa, vestiario, instrumentos, vocabulario…xenial!”
“Pareceume unha posta en escea moi elaborada e detallada; vestimenta, aderezos, escenario e aperos empregados. Implicar á rapazada na actuación sempre é un punto a salientar xa que lles gusta ser parte do que escoitan. O chico que actuo implicouse moito e tanto aos nenos coma ás mestras que estivemos na representación quedamos encantados. Sen duda repetiremos experiencia” – CEIP Lois Tobío (Viveiro)
“Interactiva e implicativa cos rapaces 100%”
“Divertida, didáctica, con boa posta en escena e moi bo trato actor/alumnado. Noraboa, gustounos moitísimo. A ben fiada que está a historia e os temas tratados nela.” – CEIP Lois Tobío (Viveiro)
“Atractiva. Unha moi boa forma de ensinar a cultura galega aos mais cativos, moi divertida” – CEIP Albino Núñez (Ourense)
“Unha combinación perfecta de música, adeviñas e lendas para coñecer mellor a nosa cultura. Moi boa posta en escena e a interacción co alumnado.”
“Dinámica, entretida, divertida. Gustoume moito a interacción de Lois cos nenos e nenas, eo seu poder de “atracción”” – CEIP Albino Núñez (Ourense)