O Apalpador e a nena sen medo

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

Idades: desde os 3 anos

Duración: 35 minutos

 

Valoracións da actividade

“Enganchou á cativada desde o principio ao fin“- CEIP Plurilingüe Sestelo-Baión (Vilagarcía de Arousa)

“ESTUPENDA,CERCANA, E MÁXICA PARA OS NENOS E NENAS” – CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga)

“Fabulosa.” – CEIP Vicente Risco (Cualedro)

“Cultural, divertida e moi entretida.” – CEIP Plurilingüe de Sigüeiro

 

Esta obra, realizada en colaboración con Semente Compostela, está baseada nun poema de Sechu Sende.