Lúa quere viaxar a… Marte!

Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora quere ir a Marte! 

Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte. 

Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

Idades: dende os 3 anos

Duración: 35 min.

.

Valoracións da actividade

“Todo foi fenomenal, perfecto: puntualidade, tempo da obra, escenificación, contacto cos rapaces… Marabilloso!!! Sobresaír a enorme facilidade para cautivar a todos os nenos/as desde infantil a 6º!” – CEIP da Cruz (Nigrán)

Celtia ten unha posta en escea moi boa, a obra foi do interese do alumnado e foi moi amena, orixinal, divertida e, sobre todo, pola reivindicación final cara o papel das mulleres. Parabéns polo uso normalizado do galego e pola temática. Perfecta! Grazas” – CPI de Xanceda (Mesía)

“Encantounos. Espectacular, divertida e axeitada. Estivo todo moi ben, oxalá poidésemos disfrutar de máis funcións ao longo do curso” – CPI de Viaño Pequeno (Trazo)

“Perfecta, adaptada, dinámica. Foi para nós unha sorpresa ver a todo o cole prendado da función. Dende os máis peques ata os más maiores. Adaptada totalmente, dinámica e cunha duracións xusta para conseguir manter a todos e todas moi atentos e atentas. Parabéns e grazas!!!” – CEIP da Cruz (Nigrán)

“Moi amena, entretida e divertida para o alumnado de todas as idades. Xenial, animada e con moitos valores que transmite. Destacar ademais a versatilidade dunha actriz que transmite unha obra fundamental para a igualdade” – CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei)

“Fantástica” – CEIP de Mallón (Nigrán)

“Satisfactoria e recomendable” – EEI de Sabaxáns (Brión)

“Ayer llevé a mi hijo a ver el espectáculo de cuentacuentos de Bonaval y me pareció maravilloso. Solo os escribo para felicitaros. La chica que lo contó es una artistaza. Un abrazo” – Patricia Torres

“Moi ben! Divertida e educativa” – Colexio Ángel de la Guarda (Nigrán)

Orixinal, divertida, moi amena e cunha mensaxe potente que os máis pequenos entenden. Un pracer sempre recibirvos no noso centro. Sara estivo xenial, cautivounos a tod@s! Unha espectacular contacontos!”CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña)

“Dinámica, divertida e entretida, amais de soñadora e educativa. Gustoume moito a representación, sobre todo porque transmite valores como o esforzo e a superación persoal dunha forma divertida e motivante para o alumnado” – CEIP Plurilingüe Concepción López Rey (Baleira)