Inicio » Programa Hub

PROGRAMA HUB DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

PROGRAMA HUB DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Unha maneira de facer Europa

A XANELA DO MAXÍN foi beneficiaria axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega no ano 2023, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19,

1.OBXECTIVOS QUE SE PERSEGUEN

Dende marzo do 2020, dende A XANELA DO MAXÍN perseverouse nunha constante innovación, modernización e adaptación ás novas circunstancias sociais e de mercado das artes escénicas xeradas pola crise da CoVID-19.

Ademáis, sendo unha compañía de teatro para a infancia, consideramos que temos o deber de poñer todos os medios técnicos e artísticos necesarios para aumentar a competitividade e conseguir atraer a novos públicos ás artes escénicas, así como mellorar e colaborar na educación integral das nenas, nenos e futuras consumidoras culturais. Para iso, e tendo en conta todos os estímulos e innovacións que proveñen do campo dos medios audiovisuais, estamos a fornecernos das últimas ferramentas tecnolóxicas no campo da iluminación, o son e a imaxe, así como nas novas canles e plataformas de distribución e comunicación coa fin de ser máis competitivas, eficientes e adaptarnos ás actuais esixencias do mercado escénico.

Grazas a este programa, polo tanto, puidemos levar a cabo as seguintes melloras e avances:

2. MELLORAS E AVANCES

  • Iluminación:

• Ata o de agora a compañía estivo a empregar equipos analóxicos e aparatos que consumen unha excesiva enerxía para o seu rendemento técnico e correcto funcionamento. Cabe dicir tamén que con esta tecnoloxía analóxica, artisticamente non se consegue acadar os necesarios efectos de saturación de cor, de intensidades ou de variacións, para conseguir atraer ás pequenas espectadoras acostumadas ás calidades visuais que propón o sector audiovisual, e cando máis despois da situación á que nos levou a covid19, momento no que o consumo de eses produtos se disparou exponencialmente. Entón para lograr o obxectivo de competitividade e para acadar o grao necesario de calidade técnica, A XANELA DO MAXÍN sustituíu da totalidade do seu equipamento analóxico por unha tecnoloxía dixital baseada na iluminación led, moito máis eficiente a nivel de consumo enerxético, e moito máis eficaz no campo artístico en canto a variabilidade e multitude de posibilidades narrativas.

  • Son:

• Foron moitos os cambios artísticos e técnicos que ao longo dos anos se implementaron no eido do son para as artes escénicas. desde os cambios de frecuencias na microfonía inalámbrica ata a forma de reprodución, que variou desde o campo estéreo á reprodución con son envolvente 5.1, ou 7.1. Coa fin de mellorar a competitividade e a calidade, A XANELA DO MAXÍN mudou a tecnoloxía de microfonía inalámbrica, xa que a antiga ten problemas de frecuencias que xa non están recoñecidas para ditos cometidos, producíndose interferencias e diferentes problemas de recepción, sobre todo coa aparición do 5g para a telefonía móbil.

Por outra banda, o avance tamén o dá o son envolvente 5.1, que nos espectáculos escénicos ten un carácter innovador, agradecendo o público estas melloras que fan máis inmersivas as experiencias artísticas e as visualizacións dos espectáculos.

  • Novas canles e plataformas de distribución:

• Para chegar a un número maior de persoas e lograr novos públicos para as artes escénicas resultou tamén necesaria a adaptación ás novas canles e plataformas de distribución, para o cal as ferramentas de deseño, montaxe, realización e comunicación son imprescindibles.

  • Tecnoloxía 3D:

• Desde A XANELA DO MAXÍN tamén se propón a introdución da tecnoloxía de proxección en 3 dimensións, o que lle daría un carácter novidoso e de actualización aos novos tempos que demandan as artes escénicas actuais.

Para desenvolver esta tecnoloxía innovadora e inmersiva á vez que ecolóxica, é necesario contar con equipos informáticos de altas prestacións que sexan capaces de executar programas e aplicacións especializadas no deseño de imaxe como unreal, da vinci, affinity designe, traktor dj, entre outros.

3. RESULTADOS E PLAN DE FUTURO

Con estes cambios A XANELA DO MAXÍN asumiu un carácter máis competitivo e de prestación de servizos avanzados, atendendo as demandas das consumidoras e consumidores culturais xa afeitas a ese tipo de experiencias que proveñen do mundo audiovisual, e que nós aproveitamos para lograr a máxima eficacia do produto escénico e cultural, xunto coa persecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, de ecoloxismo e de eficiencia enerxética,

A estratexia de futuro da compañía de teatro infantil a xanela do maxín, comezou coa mellora necesaria de todos os campos

descritos anteriormente.

As oportunidades que nos ofrece o proceso de dixitalización proxectado abranguen dende a produción ata a exhibición, pasando por todo o proceso de distribución, visibilidade e comercialización dos nosos produtos culturais.

Todo isto revertiu na mellora da calidade dos nosos produtos culturais e da satisfacción das persoas usuarias, así como a consecución de novos públicos e consolidación dos actuais, adaptando tamén as novas canles e plataformas de distribución para chegar a un número maior de persoas.

Por outra banda, tamén nos permitiu entrar en contacto directo con outros sectores cos que ata o de agora non tiñamos vinculación: profesionais da informática, creadoras e creadores de videoxogos e sobre todo co eido audiovisual para a creación de contidos, proxeccións, recursos para os espectáculos e tamén para a difusión e comunicación da propia empresa.

Así mesmo, continuamos co proceso de desenvolvemento e actualización de diferentes produtos e servizos paralelos á

nosa actividade teatral, como:

– no eido editorial, con libros interactivos, audio-contos, etc.

– no audiovisual, producindo webseries, spots publicitarios…

– no das app e videoxogos.

Todos estes produtos paralelos están estreitamente vinculados cos nosos espectáculos, outorgándolle un valor engadido pero tamén colaborando na difusión das artes escénicas e na súa promoción, así como facilitando o acceso á cultura teatral a outros usuarios e usuarias, aumentando a visibilización do teatro, especialmente o infantil, favorecéndoo e promocionándoo con todos os avances mencionados tamén aspiramos a abrir novos mercados acudindo a festivais e feiras ata o de agora non accedemos, facéndonos tamén un oco no espazo virtual utilizando coñecementos e ferramentas das propias artes escénicas, apostando por unha continua actualización e enriquecemento dende a investigación e innovación no noso campo.

Pensamos nun futuro híbrido, onde os campos audiovisuais e de artes escénicas se misturan.

Tamén pensamos nun futuro interactivo, de interacción coas persoas espectadoras e consumidoras culturais, onde tamén

poidan construír deses produtos culturais.

Pensamos nun futuro onde o produto cultural se poida consumir noutros ámbitos tanto públicos como privados mediante

as novas tecnoloxías, como o holograma, por exemplo.

E pensamos tamén nun futuro onde a intelixencia artificial, os animatrónics, a robótica, etc… van formar parte da nosa forma de

contar historias e da nosa maneira de presentalas.

Todo isto salvagardando, por suposto, a transición ecolóxica, minimizando ao máximo o impacto medioambiental levando a efecto o desenvolvemento sostible en todas as actividades que se executen.