Toupiciencia Show

A Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.

 

BASEADO NA MINISERIE TOUPICIENCIA

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/promovelo/contido_656/toupiciencia-xanela-maxin

Duración: 35-40 min.

Idioma: Galego

 

Valoracións da actividade

“GRAZAS en maiúscula polo espectáculo! Quedamos todos encantados, mestres e pequenos! UN artista o chico que veu! Trasládalle as nosas felicitacións!! E englobouse tanto e tan adaptado a cada idade, alucinante de verdade! Non deixedes de sorprendernos! Saúdos!” – CEIP da Torre Illa (A Illa de Arousa)

“Unha magnífica actuación!!! O noso alumnado gozou moitísimo do espectáculo, moi divertido, educativo e científico. Grazas por encher de ciencia e diversión o noso colexio” – CEIPP de Andrade (Pontedeume)

“Foi espectacular!!!!! Xa temos moitas gañas de volver a repetir con vós! A persoa que levou a acabo a sesión é xenial, un dez en todo, de verdade!! Parabéns e grazas! Pareceunos incrible que, unha soa persoa, sexa quen de facer un espectáculo destas características (aprendizaxes, humor e maxia), e enganchar ao alumando de tal maneira! PARABÉNS! Profesorado e alumnado quedamos encantados e desexando repetir. GRAZAS POR VIR! Espectacular, morrer da risa e aprendizaxe” – CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña)

“Impresionante; é un modo magnífico de aprender. Mario fixo un papel espectacular. Quedamos moi impresionadas coa súa actuación” – CEIP Ramón Mª del Valle-Inclán (Oleiros)

Fantástica! Dende o primeiro momento o relator prendeu a atención do alumnado grazas ao volume e nitidez da súa voz e a súa expresión corporal. A secuencia e innovación do presentado foi xenial. Gustounos a pequenos e maiores. É unha maneira maravillosa de achegar a ciencia ao alumnado. Moi entretida e amena, magnífica e motivadora. Encantounos”  – CEIP Sofía Casanova (Culleredo)

“Dinámica, activa, divertida e innovadora. Ao alumnado gustoulle moito. Graciñas!!! Foi un Pracer” – CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha)

“Parabéns pola función, o formato e a aposta por tratar sobre ciencia en espectáculos escolares. Parabéns a “Protonio”, Mario, fantástico no seu papel. Grazas por traer teatro de calidade aos centros. Moi bos tamén os recursos audiovisuais no Portal da Lingua. Grazas! Atractiva, divertida, interesante, didáctica, motivadora” – CEP Xosé Mª Brea Segade

Interesante e moi necesario darlle esta visibilidade as ciencias nas obras teatrais” – CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya (Muxía)

“A actuación foi xenial, chea de enerxía e alegría. E de paso aclaramos conceptos como hipótese e refutación e actitudes como a precisión e a curiosidade. Dinámica, motivadora, divertida, participativa e educativa” – CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo (Valga)

“Divertida e instructiva, amais de motivadora e moi ben organizada. Engancha aos rapaces.” – CEIPP Eugenio López (Cee)

“Fantástica!!! Divertida, didáctica, traballada… Pasámolo xenial e ademais a combinación de boneco e actor foi todo un exitazo!!! Noraboa!!!” – CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)

“Un interesante espectáculo con humor e ciencia, unha combinación que non se practica o suficiente. Moitas grazas por acudir ao noso centro e por conectar tan ben coa rapazada” – CEIP Campomaior (Ordes)

“Motivante, dinámica e entretida.” – CEIP Campomaior (Ordes)

“Interesante, amena e axeitada para a rapazada” – CEIP de Escarabote (Boiro)

“Moi entretida e divertida. O alumnado ademais de aprender sobre o método científico pasouno en grande. Atractiva, divertida e fantástica. Un 10, os nenos/as saíron encantados/as! Con ganas de ver máis.” – CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños)

“Orixinal!” – CEIP Apóstolo Santiago (Santiago)

Ciencia e maxia” – CEIP Portofaro (Cambre)

“Interesante e moi divertida para os/as alumnos/as” – CEIP José María Lage (Ortigueira)

“Gustoulles moitísimo, estiveron atentos e atentas o tempo que durou e interesadísimos, algo didáctico e divertido. Encantounos!!! E o humor presente fantástico. Normalizadora, interactiva, divertida, STEAM, interesante…” – CEIP Nosa Sra de Xuvencos (Boborás)

.