Os Libros da Titiriteira
Os Libros da Titiriteira é unha proposta na que se fomenta a lectura e que está adaptada a espazos reducidos, tales como bibliotecas ou pequenas salas.
Non se trata dun espectáculo de títeres común nin dun contacontos corrente, senón que mestura ambos conceptos. Grandes Libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.
E, aínda que nun primeiro momento poida parecer que é o titiriteiro o que vai a contar as historias… descubriremos que dos libros xurde outro tipo de vida… levándonos a un mundo que nos atrapará coa súa maxia.
Valoracións de Os Libros da Titiriteira
“Encantounos!. Este venres tivemos unha boa mostra de que os espectáculos de títeres de calidade e as boas historias son para todos os públicos, grandes e pequen@s. Grazas, Celtia, polos libros e pola titiriteira! Agardamos verte de novo pola nosa biblioteca.” CEIP Ana María Diéguez (Rianxo)
“Gustounos moito, moi axeitada para a cativada. Gran traballo, sabe como captar a atención dos máis pequenos. Divertida, interesante e diferente“ CEIP San Ramón (Moeche)
“Fantástica. Unha moi boa escena e a persoa soubo captar a atención e o interese dos nen@s, conectou co alumnado dende o principio e mantivo a súa atención todo o tempo. Disfrutamos tod@s un montón. Noraboa” CEIP de Sandiás
“Xenial” Colexio Inmaculada (Marín)
“Moi amena, divertida e variada. Co díficil que é hoxe en día facer que os cativos manteñan a atención máis de 15 minutos, pareceme un gran logro que consigades contar 3 contos seguidos. As veces non dou nin terminado un. Moitas grazas de verdade pola túa actuación e a túa paciencia e amabilidade cos rapaces” EEI da Gándara (A Guarda)
“Moi orixinal, interactiva e divertida. Durou o axeitado e os nenxs gustóulles moito. Enganchounos a monicrequeira coa sua actitudes e bo facer” CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía)
“Estivo todo xenial, os nenos/as estiveron encantados. Moi entretida e adaptada aos nenos/as. Gustounos moito e ademais a chica que lles contaba as historias tivo moito feeling e comprensión cos nenos/as, deixándolles acercarse ao contos e tocalos” CEIP Bormio-Agualada (Coristanco)
“Moi ben. Noraboa!!” CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos)



