A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos en Galicia profesional que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil.
Comeza a súa andadura no ano 2007 e ata a actualidade levamos producidos 26 espectáculos, que por orde de estrea son os seguintes: “Chincha Rabincha” (2007), “En Busca da Arte” (2008), “Os Libros do Titiriteiro” (2009), “A Caixa de Nuk” (2009), “A Pequena Lúa” (2009), “O Rei Destronado” (2010), “Titeremusicontos” (2010), “O Murmurio do Mar” (2013) “A Paz no peto” (2013), “Só Lles Falta Falar” (2014) “Dondo” (2014), “A obra de Castelao en teatro de sombras” (2016), “Visita teatralizada Camilo José Cela” (2016), “As Aventuras de Gale” (2017), “U-la Lúa?” (2017), “Gale, a Historia da Lingua” (2018), “O Apalpador e a nena sen medo” (2018), “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” (2019), “Apalpador 3.0” (2019), “U-la Lúa? na escola” (2019), “A Viaxe de Saira” (2020), “A Gárgola do Mestre Mateo” (2021), “Saira 3.0” (2021), “Leonardo e os Biosbardos” (2021), “Toupiciencia” (2022) e “Lúa quiere viaxar a… Marte!” (2022) .
Asistimos a diferentes festivais tanto nacionais como internacionais: Juglares (Córdoba, Arxentina), Fitz Madriz (Madrid), Salta (Arxentina), Festival de UNIMA CYL (Soria), Titirisanse (Madrid), Festival de Títeres de Redondela, Festival MAIZ (León), Galicreques (Santiago de Compostela), entre outros.
Como compañía participamos tamén na Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, Ler Conta Moito, Circuíto de CiudaDistrito (Madrid), Rede de Teatros e Auditorios de Castela e León, Circuíto de Artes Escénicas e Musicais de Aragón, Circuíto de Teatro de Asturias…
No 2020 producimos e realizamos a serie de animación “Os Toupiconsellos” e no 2021 “Toupiciencia”, ambos para o Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia.
E agora tamén temos O Club da Toupi!!!
Ademais, dende a compañía levamos a cabo diversos obradoiros que potencian a dimensión creativa, o desenvolvemento da conciencia estética ou a importancia do proceso de traballo, etc, así como visitas teatralizadas e outros proxectos formativos, culturais e sociais.
No eido editorial publícase no 2018 a súa obra “U-la Lúa?”, no 2019 “O Apalpador e a Nena sen medo”, no 2020 “A Viaxe de Saira”, no 2021 “Toupiciencia” e no 2022 “Lúa quere viaxar a… Marte” e “O Libro da Toupiciencia” co selo Guindastre Edicións.