Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes
O Apalpador volve baixar das montañas do Courel para repartir agasallos na noite de Nadal. Mais este ano trae unha misión especial: recuperar palabras en galego que foron esquecidas!
Palabras que antes enchían contos, cancións e xogos, pero que agora están a esvaecerse. Sen elas, moitos xoguetes tradicionais deixan de ter nome e a nosa lingua perde parte da súa maxia.
Nesta nova aventura, o Apalpador e a súa amiga emprenden unha viaxe para atopar e devolverlle ao mundo esas palabras perdidas. Coa axuda das nenas e nenos, irán redescubrindo nomes antigos de xoguetes, expresións cheas de historia e palabras que falan da nosa identidade. Porque cada palabra recuperada é un agasallo para o futuro!
E despois da representación… a viaxe continúa! As nenas e nenos poderán explorar unha instalación especial con xogos e xoguetes tradicionais, onde as palabras atopadas volverán cobrar vida a través do xogo e da imaxinación.
-
Idades
Dende os 3 anos -
Duración
45 min. -
Estrea
Decembro 2025 -
Música e efectos
Alu studio -
Idioma
Galego -
Títeres e Vestiario
Celtia Figueiras
-
Construción de monicreques e escenografía
Xosé Breijo e Lorena Couto
-
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
-
Autoría e dirección
Xosé Breijo "Topo" e Celtia Figueiras


