O Regreso de Lúa
Lúa logrou o imposible: foi a primeira gata en pisar Marte. Unha viaxe extraordinaria que a levou moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Pero toda gran misión ten un prezo, e o camiño de volta non sempre é o que se espera.
En O Regreso de Lúa, a nosa protagonista emprende o regreso á Terra despois de cumprir o seu cometido.
Cando parece que todo está baixo control, o destino ten preparados novos desafíos que nin a propia Lúa podería imaxinar.
Soa, lonxe da casa e nun lugar descoñecido, Lúa terá que enfrontarse a situacións que poñerán a proba a súa valentía e a súa capacidade para seguir adiante.
Unha aventura chea de emoción e descubrimentos, na que Lúa terá que mirar máis alá de si mesma para comprender que coidar, respectar e protexer o noso planeta tamén forma parte da misión.
Unha historia de igualdade, superación, amizade e respecto polo noso planeta.
-
Idades
Dende os 3 anos -
Duración
45 min. -
Estrea
03/11/2026 - Riós -
Elenco artístico
Celtia Figueiras Rama
-
Dirección de escena
Xosé Breijo “Topo”
-
Escenografía e construcción títeres
A Xanela do Maxín
-
Idioma
Galego -
Autoría conto orixinal
Celtia Figueiras -
Monicreques
Marcelo P. Fernández -
Produción e distribución
A Xanela do Maxín





