A Gran Viaxe das Letras Galegas
Letras Galegas
Unha viaxe máxica e emocionante a través da historia, da lingua e da cultura galega.
A gran viaxe das Letras Galegas leva o público por un camiño cheo de palabras, sons e lembranzas a través de distintas épocas, autoras e autores.
Un espectáculo que convida ao público a embarcar nunha travesía única, onde as palabras non son só sons, senón que se converten en pontes entre pasados distantes e presentes próximos, entre o corazón e a memoria.
Comezando coas voces contemporáneas, retrocederemos ata Rosalía de Castro e os primeiros textos escritos en galego.
Este espectáculo é, antes que nada, unha celebración da nosa lingua e do poder transformador das letras: un fío condutor que une xeracións, preserva a memoria colectiva e nos axuda a soñar un futuro en galego.
Valoracións de A GRAN VIAXE DAS LETRAS GALEGAS por parte do público
“Axeitada, divertida e o mellor foi a participación dos nenos. Noraboa, gustounos moito. Agardamos volver disfrutar de actuacións coma esta!” (CEIP Milladoiro)
“A actuación foi moi dinámica, divertida e participativa para os cativos. Gustounos a todos pequenos e maiores. Parabéns a todo o equipo!” (CPI Padrenda-Crespos)
“Ben contextualizada nas datas de celebración do Día das Letras. Destacaríamos tamén a interacción que se xenerou durante a obra co alumnado e ao mesmo tempo o control que existía sobre o gran grupo.” (CEIP As Covas-Meaño)
“A función destacou polo seu enfoque participativo e por favorecer a implicación activa do alumnado nun contexto de aprendizaxe significativo. A proposta resultou adecuada á idade e características do alumnado, combinando aprendizaxes curriculares con experiencias creativas e vivencias.” (CEIP de Coirón-Dena)
“Gustoume que foi moi interactiva coa audiencia. O alumnado disfrutou moito da actividade. Gústalles ser espectadores activos.” (IES Fontexería)
“Orixinal e divertida e moi adecuada ao alumnado, moi ben tratado o tema o que facia referencia. Un percorrido divertido daqueles autores que foron relevantes na traxectoria de Begoña Caamaño” (CEIP Padrenda-Crespos)
-
Idades
Dende os 6 anos -
Duración
40 min. -
Estrea
11/05/2026 - Centro Cultural de Rialeda (Oleiros) -
Idioma
Galego -
Intérpretes
Celtia Figueiras ou Xosé Breijo “Topo”