Usamos cookies para asegurarnos de ofrecerche a mellor experiencia no noso sitio web. Se continúas empregando este sitio, asumimos que estás satisfeito con el.
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo.
O ecoloxismo, reutilización e reciclaxe tamén son temas sobre os que xira a totalidade dun espectáculo no que o público terá unha visión diferente dun tema tan natural como a vida mesma, ademais de facer unha reflexión sobre o final do conto: A vinganza é a opción correcta?
Con esta obra foméntase a curiosidade, así como o coñecemento e respecto cara os animais. Todo dunha maneira cómica e moi divertida. Estimúlase a intelixencia emocional, e o recoñecemento das diferencias, nun ambiente de expectación e misterio, capaz de encandear ao público.
VALORACIÓNS POR PARTE DO PÚBLICO DE A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA
“Marabilloso. Encantounos que o espectáculo tivese música en directo. Moi entretido. Perfecto para os rapaces!”
“Moi adecuado para os nenos/as. Divertido e educativo. Desexando ver outro dos vosos espectáculos”
“Moi bo espectáculo que cautivou aos cativos e cativas. Noraboa”
“Divertido e cun xiro ao final que , ao meu parecer, mellora o que se relata no conto orixinal (as veces as familias refiren que ese conto promove devolver mal por mal)”
“Posta en escena orixinal, destacando a música en directo. Estivo moi ben tanto para nenos/as como para mestres/as”
“Divertido e moi bonito. Moi boa posta en escena. Gustoume que integraran as nenos/as no espectáculo. Desexando vervos de novo pronto!”
“Gustounos moito a obra, foi moi divertida, os nenos e nenas quedáronse con moito contido dela (e son de 3 anos), as actuacións moi boas, a participación cos nenos e nenas tamén xenial. Si é verdade que ía un pouco preocupada pola duración da obra pero en ningún momento se lles fixo longo”
“Divertido, dinámico e moi orixinal pois tivo de todo. Música, narración e un decorado e persoaxes precioso. Conseguichedes que os nenos de distitas edades mentiveran a atención todo o tempo que durou a obra”.
-
Idades
Dende os 2 anos. -
Duración
45 min. -
Estrea
18/03/2019 - Santiago de Compostela -
Elenco artístico
Actriz e titiriteira: Celtia Figueiras.
Titiriteiro: Topo Vidal.
Músico: Mauricio Caruso -
Escenografía
A Xanela do Maxín
-
Idioma
Galego -
Autoría
Wenrer Holzwarth -
Monicreques
Marcelo P. Fernández -
Iluminación
Octavio Más -
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
-
Adaptación e dirección
Celtia Figueiras
-
Axudante de dirección
Xosé Breijo "Topo" -
Composición
Vadim Yukhnevich -
Música
Vadim Yuknhnevich e Mauricio Caruso -
Codirección
Topo Vidal