Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes

Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes

O Apalpador volve baixar das montañas do Courel para repartir agasallos na noite de Nadal. Mais este ano trae unha misión especial: recuperar palabras en galego que foron esquecidas!

Palabras que antes enchían contos, cancións e xogos, pero que agora están a esvaecerse. Sen elas, moitos xoguetes tradicionais deixan de ter nome e a nosa lingua perde parte da súa maxia.

Nesta nova aventura, o Apalpador e a súa amiga emprenden unha viaxe para atopar e devolverlle ao mundo esas palabras perdidas. Coa axuda das nenas e nenos, irán redescubrindo nomes antigos de xoguetes, expresións cheas de historia e palabras que falan da nosa identidade. Porque cada palabra recuperada é un agasallo para o futuro!

E despois da representación… a viaxe continúa! As nenas e nenos poderán explorar unha instalación especial con xogos e xoguetes tradicionais, onde as palabras atopadas volverán cobrar vida a través do xogo e da imaxinación.

Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes

Cartel: Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes

Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes
  • Idades

    Dende os 3 anos
  • Duración

    45 min.
  • Estrea

    Decembro 2025
  • Música e efectos

    Alu studio
  • Idioma

    Galego
  • Títeres e Vestiario

    Celtia Figueiras

  • Construción de monicreques e escenografía

    Xosé Breijo e Lorena Couto

  • Produción e distribución

    A Xanela do Maxín

  • Autoría e dirección

    Xosé Breijo "Topo" e Celtia Figueiras
  • Unha coprodución de Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes
  • Unha coprodución de Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes
  • Unha coprodución de Agasallos do Apalpador: Palabras e xoguetes