Babá-bebé
ESTREA: OUTUBRO 2023
Unha obra de pequeno formato moi estimulante. na que bebés e familias se mergullan nun espazo seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, iniciando nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o noso osiño se bota a durmir, descansando de todos os xogos e brincadeiras.
Máis información proximamente!