Lúa quere viaxar a… Marte!
Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e amizades cunha gran nova: Agora Lúa quere viaxar a Marte!
Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder así viaxar a Marte.
Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.
Valoracións de LÚA QUERE VIAXAR A MARTE!
“Todo foi fenomenal, perfecto: puntualidade, tempo da obra, escenificación, contacto cos rapaces… Marabilloso!!! Sobresaír a enorme facilidade para cautivar a todos os nenos/as desde infantil a 6º!” – CEIP da Cruz (Nigrán)
“Celtia ten unha posta en escea moi boa, a obra foi do interese do alumnado e foi moi amena, orixinal, divertida e, sobre todo, pola reivindicación final cara o papel das mulleres. Parabéns polo uso normalizado do galego e pola temática. Perfecta! Grazas” – CPI de Xanceda (Mesía)
“Encantounos. Espectacular, divertida e axeitada. Estivo todo moi ben, oxalá poidésemos disfrutar de máis funcións ao longo do curso” – CPI de Viaño Pequeno (Trazo)
“Perfecta, adaptada, dinámica. Foi para nós unha sorpresa ver a todo o cole prendado da función. Dende os máis peques ata os más maiores. Adaptada totalmente, dinámica e cunha duracións xusta para conseguir manter a todos e todas moi atentos e atentas. Parabéns e grazas!!!” – CEIP da Cruz (Nigrán)
“Moi amena, entretida e divertida para o alumnado de todas as idades. Xenial, animada e con moitos valores que transmite. Destacar ademais a versatilidade dunha actriz que transmite unha obra fundamental para a igualdade” – CEIP Nosa Señora das Dores (Forcarei)
“Fantástica” – CEIP de Mallón (Nigrán)
“Satisfactoria e recomendable” – EEI de Sabaxáns (Brión)
“Ayer llevé a mi hijo a ver el espectáculo de cuentacuentos de Bonaval y me pareció maravilloso. Solo os escribo para felicitaros. La chica que lo contó es una artistaza. Un abrazo” – Patricia Torres (Santiago de Compostela)
“Moi ben! Entretida, interesante e moi ben levada a cabo. Divertida e educativa” – Colexio Ángel de la Guarda (Nigrán)
“Orixinal, divertida, moi amena e cunha mensaxe potente que os máis pequenos entenden. Un pracer sempre recibirvos no noso centro. Sara estivo xenial, cautivounos a tod@s! Unha espectacular contacontos!” – CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña)
“Dinámica, divertida e entretida, amais de soñadora e educativa. Gustoume moito a representación, sobre todo porque transmite valores como o esforzo e a superación persoal dunha forma divertida e motivante para o alumnado” – CEIP Plurilingüe Concepción López Rey (Baleira)
“Un traballo moi bo e profesional” – CEIP Joaquina Gallego Jorreto (A Merca)
“Fantástica e axeitada á idade do alumnado. Quedamos encantados e con ganas de volver a ver outra actuación. Parabéns a Celtia pola súa actuación e pola súa creatividade que nos gustou moito” – EEI de Tal de Abaixo (Muros)
“Adaptada á idade, divertida e entretida” – CEIP do Xurés (Lobios)
“Atraente e moi entretida e adaptable a calquera idade, tanto pola temática como a versatibilidade de Celtia que captou total atención dende o alumnado de 3 anos ata o de 6º de primaria. Fantástica! Desfrutaron moito, incluso as nenas e nenos maiores, que engancharon rápido co argumento! Moi bo traballo” – CEIP Amor Ruibal (Barro)







