Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » O Apalpador e as palabras perdidas

O Apalpador e as palabras perdidas

ESTREA: DECEMBRO 2023

Tralo éxito de “O Apalpador e a nena sen Medo”, chega a segunda parte: “O Apalpador e as palabras perdidas

Ben é sabido que O Apalpador baixa cada ano dende o Courel para traer castañas e agasallos e dende que coñeceu á nena sen medo, tamén palabras! Palabras en galego.

Dende entón correuse a voz e cada vez son máis as crianzas que lle escriben pedíndolle palabras para poder falalo, pero agora ademais ten unha nova misión: buscar, atopar e recuperar aquelas palabras que foron esquecidas por moitas persoas para que poidan volver a ser empregadas. Palabras como “Ulo”, “rel, “caluga”, “babuxa”, “feixe”, “raoila”, “xoto” . que cada vez se escoitan menos mesmo nas persoas galegofalantes, volverán ás súas vidas na noite do Nadal en forma de agasallo para seguir aprendendo e gozando dun idioma tan máxico como fermoso.

O Apalpador e as palabras perdidas

Cartel: O Apalpador e as palabras perdidas

O Apalpador e as palabras perdidas
  • Duración

    45 min.
  • Estrea

    Decembro 2023
  • Idioma

    Galego
  • Intérpretes

    Celtia Figueiras

    Xosé Breijo “Topo” ou Mario Rodríguez

  • Produción e distribución

    A Xanela do Maxín

  • Unha coprodución de O Apalpador e as palabras perdidas
  • Unha coprodución de O Apalpador e as palabras perdidas
  • Unha coprodución de O Apalpador e as palabras perdidas
  • Cofinanciada por O Apalpador e as palabras perdidas
  • Cofinanciada por O Apalpador e as palabras perdidas