Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » O Regreso de Lúa

O Regreso de Lúa

Lúa logrou o imposible: foi a primeira gata en pisar Marte. Unha viaxe extraordinaria que a levou moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Pero toda gran misión ten un prezo, e o camiño de volta non sempre é o que se espera.

En O Regreso de Lúa, a nosa protagonista emprende o regreso á Terra despois de cumprir o seu cometido.

Cando parece que todo está baixo control, o destino ten preparados novos desafíos que nin a propia Lúa podería imaxinar.

Soa, lonxe da casa e nun lugar descoñecido, Lúa terá que enfrontarse a situacións que poñerán a proba a súa valentía e a súa capacidade para seguir adiante. 

Unha aventura chea de emoción e descubrimentos, na que Lúa terá que mirar máis alá de si mesma para comprender que coidar, respectar e protexer o noso planeta tamén forma parte da misión.

Unha historia de igualdade, superación, amizade e respecto polo noso planeta.

O Regreso de Lúa

Cartel: O Regreso de Lúa

O Regreso de Lúa

O libro: O Regreso de Lúa

O Regreso de Lúa
  • Idades

    Dende os 3 anos
  • Duración

    45 min.
  • Estrea

    03/11/2026 - Riós
  • Elenco artístico

    Celtia Figueiras Rama

  • Dirección de escena

    Xosé Breijo “Topo”

  • Escenografía e construcción títeres

    A Xanela do Maxín

  • Idioma

    Galego
  • Autoría conto orixinal

    Celtia Figueiras
  • Monicreques

    Marcelo P. Fernández
  • Produción e distribución

    A Xanela do Maxín

  • Unha coprodución de O Regreso de Lúa
  • Unha coprodución de O Regreso de Lúa
  • Unha coprodución de O Regreso de Lúa
  • Cofinanciada por O Regreso de Lúa
  • Cofinanciada por O Regreso de Lúa
  • Cofinanciada por O Regreso de Lúa