Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » Pasando a bóla. Xogando para cambiar

Pasando a bóla. Xogando para cambiar

ACTIVIDADE ESPECIALMENTE DESEÑADA PARA COLEXIOS E INSTITUTOS

PASANDO A BÓLA XOGANDO PARA CAMBIAR emerxe como un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serve como ferramenta poderosa para concienzar ao alumnado. A partir de aí explóranse solucións que se porán en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade aborda de forma única o problema do bullying no contexto escolar.

Neste encontro singular, a guía da intervención, coa contará coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices. En conxunto, escenificarán escenas construídas especialmente para representar as diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Trala presentación destas escenas, a audiencia convértese en parte activa do proceso. O alumnado aporta solucións aos comportamentos observados, encarnando e mostrando tamén as novas solucións propostas como parte da actuación.

“Pasando a bóla Xogando para cambiar” non só ofrece un enfoque innovador para abordar o bullying, senón que tamén fomenta a participación activa da comunidade escolar na creación de solucións.

A través do xogo teatral, a audiencia non só toma conciencia da problemática, senón que tamén se converte en axente de cambio. Construirán xuntos unha resposta colectiva que promove un ambiente escolar máis seguro e respectuoso.

 
Valoracións de PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR

“Axuda a pensar e a sentirnos protagonistas do que ocorre. Moi boa experiencia e unha función chea de sentido. Alumnado e profesorado quedamos encantados! Grazas!”– CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña)

“Estupenda moi acertada.  Gustounos moito no centro a temática da actividade e a forma de explicarlla aos máis pequenos e a interacción co público. Implicou ao alumnado activamente, invitounos a reflexionar, e resultou interesante refrescante e de plena actualidade (moi necesario facelos e facernos pensar sobre o que facemos sentir aos demais, e como actuamos ante as situacións desfavorables. Encantounos. Todo ben, duración correcta, interesante… valoramos a posteriori co alumnado e co profesorado e a todas nos pareceu unha actividade moi necesaria. Exemplar, moi bo traballo.” – CEIP Xuvencos (Boborás)

“Unha obra diferente e moi necesaria. Grazas sempre polas vosas actividades!! No noso cole quedamos encantados sempre coa Xanela do Maxín!!” – CEIP Torre Illa (A Illa de Arousa)

“Moi axeitada e apropiada o alumnado e o profesorado disfrutou moito. Gran idea o interaccionar co alumnado. A seguir así e moito ánimo, sabemos do complicado que é subirse a un escenario e transmitir a un público tan esixente. Parabéns porque o conseguisteis” – CEIP de Baíñas (Vimianzo)

“Participativa, onde os nenos foron parte da escea. Gustounos moito a modalidade de facelos participar” – CEIP de Sestelo-Baión (Vilanova de Arousa)

“Temática imprescindible para a educación dos nenos de hoxe. Aborda o tema do bullying dun xeito empático e diferente. A obra abordou un problema actual no contexto escolar . Coa participacion do alumnado voluntario e as diferentes máscaras de cores axudou ao público a meterse no papel e implicarse na búsqueda dunha solución. A Xanela do Maxín nunca defrauda. Parabéns!” – CEIP Vila de Cee (Cee)

“Moi interesante. Función interactiva co alumnado. Axeitada para o público que era e atraínte. Gracias polo espectáculo “ – CEIP A Maía (Ames)
 
“Fomenta a empatía na infancia. Os nenos e as mestras quedaron encantados. Volveron a representala en clase de educación física “ – CEIP O Grupo (Ribeira)
 
“Tema moi actual e necesario. Unha proposta moi educativa e ideal para centros de ensino”- CEIP de Carnota
 
“Participativa! Agradecidos pola vosa visita ao noso centro” – CEIP de Sestelo Baión (Vilanova)
 
“Moi axeitada. Interesante e motivante. Gustoume moito a forma en que foi traballada a temática” – CEIPP Sofía Casanova (Culleredo)
 
“Pareceunos unha actividade moi interesante, participativa e motivadora. Efectiva, gráfica, puntual, adaptada á problemática que vivimos. Bárbaro!  Una proposta sinxela pero efectiva; simple pero con todos os elementos precisos para transmitir unha mensaxe dun xeito cercano e tanxible.. Feito nunha linguaxe axeitada aos nenos e asúa comprensión. Estamos encantadas!” – CEIPP A Cristina (Carballo)
 
“Reflexiva, útil, emotiva, participativa. Unha boa ferramenta para que os nenos e nenas recoñezan e reaccionen ante situacións de acoso. A actriz, espectacular” – CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña)
 
“Moi participativa e motivadora. O mellor  foia implicación co alumnado como actor e facendo participar ao público” – CEIP de Caión (A Laracha)
 
“Innovadora e impactante. Foi unha posta en escena sinxela pero moi significativa. A través das corres, das máscara tranmítese moi ben a mensaxe do Buling.  O alumnado disfrutou da obra por ser un formato diferente. A temática tratada foi moi interesante e necesaria. Chegou a mensaxe que se pretendía dar de forma moi clara e a colaboración da rapazada foi fantástica. Noraboa!!” – CEIP de Abanqueiro (Boiro)
 
“Interesante, novedosa e necesaria. Moi educativa e interactiva. Á rapazada gústoulles moito.” – CEIPP Os Casais (Fene)
 
“Unha actividade cultural e formativa na que as crianzas desenvolven un papel activo (colaboradores/as e público). Fai poñerse ao alumnado en situacións nas que poden non estar acostumados. Participativa e de cohesión grupal. Totalmente satisfeit@s. Agradecemos que se fagan actividades culturais pensando na competencia persoal e social das crianzas, no coidado do SER” – CEIP Milladoiro (Malpica)
 
 
 
MÁXIMO DE PÚBLICO:

70 rapazas e rapaces

IDADES RECOMENDADAS:

2º e 3º ciclo de primaria

1º ciclo de secundaria

DURACIÓN DA ACTIVIDADE:

45 minutos +15 minutos previos coas voluntarias e voluntarios

10 VOLUTARIAS/OS PARTICIPANTES:
ESPAZO IDEAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:

1ª opción: Salón de actos con escenario

2ª opción: Aula ou biblioteca ampla

3ª opción: Ximnasio (con colchonetas, bancos e cadeiras)

Pasando a bóla. Xogando para cambiar

Cartel: Pasando a bóla. Xogando para cambiar

Pasando a bóla. Xogando para cambiar

O libro: Pasando a bóla. Xogando para cambiar

Pasando a bóla. Xogando para cambiar
  • Duración

    45 min.
  • Estrea

    Abril 2024
  • Elenco artístico

    Celtia Figueiras ou Xosé Breijo “Topo”

  • Idioma

    Galego
  • Distribúe

    Consorcio Editorial Galego

  • Unha coprodución de Pasando a bóla. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Pasando a bóla. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Pasando a bóla. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Pasando a bóla. Xogando para cambiar