Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » Rachando co Guión. Xogando para cambiar

Rachando co Guión. Xogando para cambiar

ACTIVIDADE ESPECIALMENTE DESEÑADA PARA COLEXIOS E INSTITUTOS

En “Rachando co Guión” promóvese a concienciación e a reflexión crítica sobre a desigualdade de xénero entre o alumnado de educación primaria, empregando o xogo dramático e o teatro forum como ferramentas pedagóxicas para identificar comportamentos sexistas, cuestionar estereotipos e co-construír solucións inclusivas e igualitarias, fomentando unha convivencia democrática e respetuosa no entorno escolar.

O proxecto baséase en enfoques pedagóxicos activos e transformadores que sitúan ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe a través de metodoloxías vivenciais onde o alumnado non só observa, senón que se converte en protagonista do cambio. A través do xogo dramático, traballamos a concienciación social, a análise crítica de estereotipos de xénero e a construción colectiva de realidades máis xustas.

 

Valoracións de RACHANDO CO GUIÓN, XOGANDO PARA CAMBIAR

“Estupenda. Moi didáctica. Axeitada, motivadora para os nenos pola presentación e acolledora (permite a participación dun xeito ou outro de todo o alumnado). Contidos ben escollidos e presentados ás crianzas adecuadamente.  Parabéns!” (CEIPP Os Casais)

Moi enriquecedora,  fai reflexionar en cada escena. Este formato paréceme moi interesante, xa que axuda ao alumnado a poñerse no lugar dos protagonistas sen forzar a situación” (CEIP Ana María Diéguez)

Enriquecedora e animada. Foi xenial que os nenos e as nenas foran partícipes directos da actuación. MOITAS GRACIAS.” (CEIP Plurilingüe San Miguel)

Interesante, promove unha reflexión moi necesaria. Coido que en un formato que se puede llevar a outros temas tamén de interese. Pareceume fantástica esa colaboración cos nenos e nenas. Ao rematar comentamos a actividade e o alumnado que subiu ao escenario describiuna como inesquecible.” (CEIP Manuel Padín Truitero)

Participativa, dinámica, interesante, necesaria. Grazas, gustounos moito a función” (CEIP Xosé María Brea Segade)

“Gustounos moito, xa que este formato facilita moito a motivación e atención, e a persoa que asistiu ao centro tamén o fixo posible, ao falar coas nenas e nenos dun xeito desenfadado á vez que lles facía pensar e reflexionar sobre o que vían e comentaban.” (CEIP Apóstolo Santiago)

Como a vida mesma. Encantoume, porque ademais serve para sensibilizar da necesidade da igualdade en todos os ámbitos.” (CEIP de Vilarmide-Eduardo Noya)

  • Duración

    60 min.
  • Estrea

    Abril 2025
  • Elenco artístico

    Celtia Figueiras ou Xosé Breijo “Topo”

  • Idioma

    Galego
  • Distribúe

    A Xanela do Maxín

  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar
  • Unha coprodución de Rachando co Guión. Xogando para cambiar