Sorpresa!
Que hai dentro das caixas? Agasallos asombrosos para un público curioso. Agasallos baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que crearemos contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación.
Unha experiencia divertida e sustentable na que sorpresa tras sorpresa e con poucos elementos crearemos un mundo máximo, deseñado para rir e aprender ao mesmo tempo.
Caixas sorpresa cheas de historias, aventuras e fantasía! Contos e relatos empaquetados de agarimo. Cada caixa é única e especial e farémonos moitas preguntas para intentar descubrir o seu contido, utilizando a imaxinación e creando, case sen querelo, personaxes fantásticos e historias incribles. E cando se abren as caixas revelarase o que realmente agochan no seu interior. Parécese ao que imaxinamos? Non? Cantos contos caben nela? E na nosa cabeza?
Valoracións da actividade
“Hoxe tivemos a sorte de gozar da súa presenza no cole da Illa de Aorusa!! Dozura, simpatía e moitas aprendizaxes… engancha dende o minuto im!! Noraboa e grazas!!” – CEIP da Torre-Illa (A Illa de Arousa)
“Moi bo traballo. Amena e con atractivos contidos” – CEIP Castelao (Rianxo)
“Foi unha actuación espectacular, divertida e envolvente coa que todo o alumnado saiu contento dela” – CEIP Igrexa-Chapela (Redondela)
“Moi dinámica e participativa” – CEIP Ana Mª Diéguez (Rianxo)
“Encantounos!” – CEIP Felipe de Castro (Noia)
“Mantivo a sorpresa en todo momento. Moi boa posta en escena. Fantástico! Noraboa” – CEIP Sofía Casanova (Culleredo)
“Espectacular!! Didáctica, entretida, cercana, entregada, orixinal… estupenda!“ – CEIP da Torre-Illa (A Illa de Arousa)
“Dinámica e cun contido moi interesante!” – CEIP Graxal (Cambre)
“Unha linguaxe en galego perfecta e unha boísima entoación, amais de amena, participativa e educativa” – CEIP Vilarmide-Eduardo Noya (Muxía)
“Ao alumnado gustoulles e desfrutou” – EEI San Roque (Viveiro)
“Motivadora, cunha importante temática, cun texto axeitado e boa posta en escena” – CEIP Fontes-Baíña (Baiona)
