Supercoroza. Na eira e na lareira
SUPERCOROZA, protagonista de Na Eira e na Lareira, é salvagarda do noso: da nosa xente, da nosa lingua, música, contos e tradicións. O seu superpoder á a recuperación da tradición e procura a transmisión cultural a través da música, baile, contos… dun xeito ameno, divertido e participativo.
Os contos e as cancións en Galicia servían para transmitir o calendario agrícola e os mitos dunha xeración a outra e o galego foi o seu vehículo de transmisión. A importancia da lingua nesta transmisión resulta fundamental dado que hoxe sabemos que as distintas linguas permiten costruír mentes distintas, polo tanto, a idiosincrasia das persoas que viven en Galicia e a súa tradición oral non sería o mesmo se non fora en galego, por iso tamén a necesidade de falalo e protexelo.
Neste espectáculo cantarase e contarase como se facía de antigo, para para que estas historias e cancións poidan seguir transmitíndose de xeración en xeración, ofrecendo unha xanela única ao noso pasado colectivo.
Valoracións da actividade
“Necesaria, enriquecedora, divertida, interactiva, formidable”– CEIP Xuvencos (Boborás)

-
Idades
Dende os 3 anos. -
Duración
40-45 min. -
Estrea
17/05/2023 - Raigame (Vilanova dos Infantes) -
Elenco artístico
Lois Prado ou Topo Vidal
-
Música e baile
Lois Prado -
Idioma
Galego -
Produción e distribución
A Xanela do Maxín
-
Idea orixinal
Celtia Figueiras -
Autoría e dirección
Xosé Breijo "Topo" -
Vestiario e escenográfia
Xosé Breijo
Lois Prado