Inicio » Espectaculos Xanela do Maxín » U-la Lúa? bibliotecas e colexios

U-la Lúa? bibliotecas e colexios

Lúa pola Igualdade

Neste formato reducido con títeres e a narración oral, U-LA LÚA? adáptase a calquera espazo por pequeno que sexa, sendo unha boa opción para bibliotecas ou colexios.

Unha historia onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. 

A igualdade e a non violencia son alicerces dunha historia tan entrañable como auténtica. Personaxes ficticios mostran unha realidade que padecen nenas e mozas en todo o mundo, ás que se lles nega, en diferentes grados, o pleno desenvolvemento como persoas e a consecución dos seus soños. A gata Lúa, nesta historia, será exemplo de constancia e valentía.

Lúa é unha gata que vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. A avoa non lle deixa saír fóra por temor a que lle ocorra algo malo, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. 

Cando finalmente logra saír atópase cun gato que tamén intenta impedirlle que realice os seus soños, pero Lúa di NON, porque ninguén ten dereito a destruír os seus soños e ilusións.

Valoracións da actividade U-LA LÚA? 

“Dende o CEIP Mar de Fóra consideramos que a actividade foi moi amena, didáctica e divertida. Os nenos quedaron encantados coa actividade, permanecendo tranquilos e sendo partícipes da mesma (cousa que en infantil ás veces é complicado). O tempo da actividade, así como os materias e a profesionalidade e empatía de Celtia parecéronnos estupendos. Por todo isto, consideramos que a relación calidade-prezo é boa. Moitas grazas, foi un pracer contar co voso espectáculo” – CEIP Mar de Fóra, Fisterra.

“A resposta é un aplauso unánime. A actividade gustou moito, en todos os niveis. Tiñamos as nosas dúbidas con respecto a 5º e 6º polo que decidimos preguntar directamente ao alumnado. Tamén eles e elas foron unánimes. Gustoulles moitísimo e engadiron un aspecto moi interesante en 6º. Sirveulles paraaprender a contareles e elas historias” – CEIP de Xuño, Porto do Son.

“Quedamos encantados coa actuación. Foi estupenda! Os cativos estiveron encantados!” – Biblioteca do Chouzo, Vigo.

“A verdade é que nos encantou o contacontos. Intentara conseguir o conto previamente, pero creo que foi moito mellor que coñecesen a historia a través do contacontos e  logo reforzala co  conto en papel (que xa conseguimos). Aos nenos e nenas gustoulles tanto que tódolos días  discuten para ver quen leva o conto para a casa (e eso que merquei dous exemplares e eles son 9). Podo asegurar que lles atraeu moito, xa que adoitan ser moi movidos cando lemos contos, cando lles conto historias… e o outro día sorprendeume o calados que estaban, que parecía que tiveran vergoña.  Tedes o meu aplauso e recoñecemento. Comentarvos que tamén me parece moi interesante o poder acceder a diferentes actividades a través do código QR do conto. Noraboa polo ben que traballades” – Escola da Modía, Cambados.

“A actividade foi moi boa. Axeitada á idade do alumnado tanto no tempo como no contido e posta en escea con profesionalidade, o que captou a atención dos nenos e nenas desde o principio” – EEI O Areal, Baiona.

“Divertida e amena”

“U-LA LÚA? gustounos moito ás profes e a os nenos e nenas, estiveron moi entretidos. O contido é adecuado a estas idades e chegou a mensaxe que se quería transmitir” – CEIP Emilia Pardo Bazán, A Coruña.

“A actuación foi estupenda, os nen@s quedaron encantados e chegaron as súas casas supercontentos coa actuación que lle fixera Celtia na escola” – EEI de Aro, Negreira.

“Entretida e captando de marabilla a atención dos peques. Repetiremos”

“O contacontos encantounos! A historia de Lúa gustou moito a maiores e pequenos, aínda que estes últimos quizais foron os que máis a desfrutaron. Grazas polo material didáctico e noraboa polo voso traballo” – CEIP de Viñas, Poio.

“Dende o CEIP de Quiroga, parabéns pola actividade. Foi moi divertida, interesante e adecuada ás idades. Gustou moito a profesorado e alumnado. Celtia é unha escritora e narradora estupenda. Meteu a rapazada na historia de principio a fin. Os monicreques estaban moi logrados” – CEIP de Quiroga.

“Bo día, a actividade lle encantou tanto aos nenos e nenas maiores como aos máis pequenos. E unha maravilla que se fagan actividades como a vosa” – CEIP Manuel Sueiro, Ourense.

“O CEIP Pazos-Comoxo está encantado coa actividade de “U-la Lúa” e a mestra, que xa veu á contacontos en acción máis veces, tamén encantada e abraiada da maxia que ten contando historias. Contaremos convosco sen dubidalo!” – CEIP Pazos-Comoxo, Boiro.

“Moi ben un 10. O alumnado estaba atento e tiña interese” – CEIP A Fraga

“Realmente les encantó. La idea de enviar el cuento antes fue buenísima, así conocían la historia y el vocabulario. Todos super atentos, todo bien, los títeres fenomenal, motivadores y atractivos. Una puesta en escena fantástica, con sonido, conexión, duración perfecta, etc…” – Colexio San Jorge

“Todo fantástico. Podería durar algo máis, porque o fai tan ben que non hai momento para aburrirse, pero tendo en conta que están todo o rato mirando para a pantalla, paréceme unha boa decisión non facela moi longa” – CEIP Víctor Sáenz

“O contido e presentación consideramos que foi acorde as nosas perspectivas e axeitada aos contidos que estamos a traballar e para o alumnado resultou moi emocionante e motivador” – EEI San Roque

U-la Lúa? bibliotecas e colexios

O libro: U-la Lúa? bibliotecas e colexios

U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Idades

    Dende os 3 anos.
  • Duración

    40 min.
  • Estrea

    07/04/2019 - Verín
  • Elenco artístico

    Celtia Figueiras

  • Construción de monicreques e escenografía

    Celtia Figueiras e Luis Vallecillo

  • Produción e distribución

    A Xanela do Maxín

  • Autoría e dirección

    Celtia Figueiras
  • Axudante de dirección

    Xosé Breijo "Topo"
  • Música

    Rafael Iglesias e Xosé Breijo "Topo"
  • Unha coprodución de U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Unha coprodución de U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Unha coprodución de U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Unha coprodución de U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Unha coprodución de U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Cofinanciada por U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Cofinanciada por U-la Lúa? bibliotecas e colexios
  • Cofinanciada por U-la Lúa? bibliotecas e colexios